domingo, 13 de xullo de 2014

Entropía

Na actualidade informativa resulta sumamente complicado acadar niveis de excelencia periodística. 
A autodescualificación que promoven algúns medios do audiovisual non o pon nada doado para que os verdadeiros profesionais, cunha man no peito, poidan desenvolver o seu traballo con rigor.
Se a este caos lle engadimos o batifondo que aportan os entrevistados que non din o que pensan ou non pensan o que din; queda clariño que ás reporteiras actuais, para desenvolverse nesta entropía mediática con profesionalidade, unicamente lles queda empregar novos recursos que permitan acadar resultados óptimos.
Un deles é facer as preguntas do revés, para que así saia algo do dereito.

Foto: Reporteira 7.0

5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Entrevista a "rego cheo"...en Ourense hai un barrio, camiño da residencia sanitaria ,que se chama "regueiro fozado" e non me preguntes a qué ven o comenterio, porque só é o enunciado dun feito.

A.C. dixo...

Recursos telos ti para atopar sempre a imaxe mais axeitada para unhas palabras atinadas (ou era do revés).
Eso sí, as mozas guapas moito che tiran polo ollo, anque agora dirás que querías fotografiar o cartel de Fernández Paz e a reporteira cruzouse por diante jajajaja

Bicos

Anónimo dixo...

Unha boa amalgama de filosofía e picardia. Daslle moi ben á parola e teces a picardía con fios ben finos. Gosto de te ler.

Anónimo dixo...

Onde andará o dono da Chousa, que a vexo mui solitaria neste xullo.
Que disfrute do lecer, e que volva con cousas que contarnos.

Carlosm dixo...

Móveste como truita en todas as aguas.E sempre vas a favor das melhores correntes.
Saudos.Carlosm