domingo, 5 de outubro de 2014

Nómades

Non teñen establecemento fixo.
Elas vanse sen previo aviso,  levando consigo toda unha bagaxe de curvaturas con magnéticas xeometrías.
E deixan tras de sí levísimas testemuñas da súa estadía. Apenas algún elemento piloso enroscado nun chan cargado de risas picantes que ule a crema solar mesturada con intencións inconfesables.
Ás nómades da praia cústalles desprazarse e camiñan con nugalla. Elas non o saben (ou si); pero, ademais de transportar os seus útiles de sedución, carrexan ducias de córneas masculinas adheridas a algunha das pezas dos seus bikinis.

Foto: Nómades dun deserto superpoboado.

12 comentarios:

paideleo dixo...

Ai, que bonito é o verán e as súas habitantes !.

mariola dixo...

Humor que mesturas tan finamente coa túa linguaxe sempre atractiva.

Penso que a túa córnea foi a primeira quedou adherida, claro que para iso están os ollos, para mirar!
un biquiño solar.

Uol Free dixo...

As nómades sempre vixiadas polo ollo curioso e implacable do faro chousiano.
Bicos!

Ginebra dixo...

Jajajajajaja, tus córneas sobre todo:)
Lo de nómadas me gustó, oye, no lo había pensado, pero así somos, "nómadas del sol".
Besos.
p.d. Cualquier día de estos tu "afán fotográfico" te va a dar disgustos, Chousa

peke dixo...

E outra vez rematou. :(

pitima dixo...

:)
....
:)
....
Xastamos!!!
:P

Raposo dixo...

A foto gústame pero ten ccoidado que aínda te van acusar de machista reprimido.

busto.agolada dixo...

Hai moito tempo que non pouso aquí ningún comentario. Pero celebro esa atenta mirada e delicada pluma para pór remate feliz a un verán que xa é pasado.
E unha aperta.

mariajesusparadela dixo...

Saben saben...

Chousa da Alcandra dixo...

Será un pracer espir o outono; pero será moito máis pracenteiro percibir as vosas visitas por este recantiño de pensamentos. Algúns inconfesables.

;-)

Carlosm dixo...

Olhos ue nom cansan de mirar e de ver.Saudos.

Paz Zeltia dixo...

pero que post bonito para rematar o verán.
E a foto, con esas mulleres "normais" de abondosa carnecita redondeada

Bicos outonais, chousa